Nun xesto clave, o primeiro ministro anunciou que autorizará o regreso do xuíz Iftikhar Chaudhry como presidente do Tribunal Supremo.
O goberno paquistaní tivo finalmente que ceder ao pulso que liderou nas rúas o ex primeiro ministro Nawaz Sharif, líder da formación opositora Liga Musulmá de Paquistán. Así o primeiro ministro, Raza Gilani, anunciou que permitirá que o xuíz Iftikhar Chaudhry regrese á fronte da Corte Suprema. Do mesmo xeito, outros xuíces cesados serán reinstaurados aos seus cargos nos próximos días. Todos eles foran destituídos polo ex presidente Pervez Musharraf.
Ábrese así a posibilidade de tregua no medio do caos no que afondaba o país nas últimas horas. Sharif encabezara unha marcha á capital, Islamabad, promovida por asociacións de avogados e outros colectivos sociais e políticos, que incluía a petición da volta dos xuíces como unha das prioridades, e que derivará en enfrontamentos violentos na segunda cidade do país, Lahore. Os opositores esixen agora novos avances constitucionais, aos que se comprometeu inicialmente o actual presidente, Asif Ali Zardari, elixido parlamentariamente hai apenas medio ano.
Recomendámoslles ampliar na CNN e na BBC.