O campus universitario de Lugo ofrece un curso de iniciación a esta práctica centenaria convertida en deporte.
O campus universitario de lugo ten unha cita con este deporte
O arco foi durante séculos unha das máis socorridas e virtuosas armas de loita, que axudou a forxar lendas como a de Robin Hood ou o rei inglés Enrique VII. Precisamente este monarca destacou polo pulo que lle deu ao tiro con arco como unha de práctica deportiva que se perpetuou até a actualidade. O crecemento desta práctica mantívose até a actualidade e, coa intención de contribuír á súa divulgación, o campus universitario de Lugo organiza un curso de iniciación ao tiro con arco.
O curso está organizado pola vicerreitoría de Cultura da USC, mediante a área de Deportes, e desenvolverase durante a segunda quincena de marzo no pazo dos deportes de Lugo. Este curso está adicado a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que puideran estar interesadas, e que só teñen que apuntarse na oficina de deportes do Campus Lugués, até o vindeiro venres.