Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este sábado, en Castrelo de Miño

Teresa Portela e Carlos Pérez, estrelas do campionato galego de piragüismo

Por clubs, o Kayak Tudense é "o rival con máis probabilidades de triunfo", segundo a Federación.

Redacción - 17:25 06/03/2009
O mellor do piragüismo galego estará o sábado en Castrelo de Miño

O mellor do piragüismo galego estará o sábado en Castrelo de Miño

A localidade ourensá de Castrelo de Miño acolle este sábado a XXV edición do Campionato Galego de inverno, que contará coa participación dalgúns dos máis importantes padexeiros do país. Entre os 305 deportistas que xa confirmaron a súa asistencia destacan o campión olímpico Carlos Pérez e a tamén olímpica Teresa Portela. Até Castrelo chegan representantes de 37 clubs, dos que 19 teñen unha sección de veteranos que tamén competirán paralelamente no Campionato Galego da súa categoría.

Carlos Pérez participará nas categorías de K-1 500 e 200 metro (disciplina, esta última, na que xa foi campión mundial e europeo) e parte como claro favorito nas dúas. Pola súa parte, Teresa Portela loitará pola vitoria no K-1 de 500 e 1000 metros, onde tamén é a principal candidata á vitoria final. Tamén estará o futuro do piragüismo galego cos sub-23 Rodrigo Germade e Roberto Abal; ou os júnior Óscar Carrera, Paulino Otero, Gabriel Pavón e Isaac Toro.

A nivel de clubs o Kayak Tudense é, segundo a federación galega, "o rival con máis probabilidades de triunfo". Algúns equipos que loitarán por adiantar ao Kayak Tudense son o Club Piragüismo As Torres-Romería Vikinga, o Club Breogán, o Muíño de Ribadumia, o Club Piragüismo Illa de Arousa, ou o Club Náuto Firrete.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: