Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
lexislación ambiental a chufla

Iberdrola denunciada en Europa polas desfeitas ambientais nos canóns do Sil

Iberdrola dá novas e sobradas mostras da súa falta de respecto polo patrimonio natural do país. Os entullos e áridos das obras do delirante proxecto de central hidroeléctrica de Santo Estevo II están a ser depositadas en plena Rede Natura, no LIC (Lugar de Interese Comunitario) dos Canóns do Sil. ADEGA quere saber quen e en base a que se lle concedeu autorización a Iberdrola para meter as palas e botar escombros en espazos protexidos. Pregunta Europa  SANTO ESTEVO II (16 KB)

ADEGA - 13:11 06/03/2009
Tags:

O depósito estase efectuando nunha canteira abandonada dende 1957, propiedade de Iberdrola, e situada preto do embarcadoiro de Loureiros. A canteira foi utilizada para sacar pedra na construcción do encoro de Santo Estevo e posteriormente foi abandonada. Por suposto, non sorprende que naquelas datas Iberdrola non realizara ningunha corrección dos impactos ambientais das obras.

No entanto, xa en pleno século XXI Iberdrola segue tomándose a lexislación ambiental a chufla, e facendo o que quere coa Ribeira Sacra. Os seus proxectos de novas centrais hidroeléctricas van destruir a paisaxe da Ribeira Sacra, perxudicar ao turismo durante anos e desfacer con total impunidade a Rede Natura. Iso sí, seguen a gastar moreas de cartos nunha indecente publicidade verde.

O seu comportamento, máis propio da época colonial, acaba de ser denunciado no Parlamento Europeo: os parlamentarios Josu Ortuondo e Ignasi Guardans, pertencentes ao grupo Galeuscat,, presentaron xa  unha Pregunta escrita á Comisión Europea a instancias dos ecoloxistas galegos.

É necesario pararmos os pés a Iberdrola para que deixen de ter dereito de pernada sobre o noso patrimonio natural: as administracións galega e estatal deben paralizar estas obras e reiniciar a escurantista e patética tramitación ambiental do proxecto, que se realizou sen información aos afectados e non contempla os graves problemas que ocasionará ao turismo e á economía da zona.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: