Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
NAS INSTALACIÓNS DO CGTD

Este sábado o waterpolo une a galegos e portugueses

O C.N. Pontevedra organiza un encontro amistoso co Gespaços Waterpolo na que participarán nenos, nenas e mulleres dos dous equipos.

Redacción - 17:05 05/03/2009
Dende ben pequenos comezan a practicar o waterpolo en Pontevedra

Dende ben pequenos comezan a practicar o waterpolo en Pontevedra

A piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá este sábado un encontro entre xogadoras e xogadores do Club Natación Pontevedra e o Gespaços Waterpolo, chegados da vila portuguesa Paços de Ferreira. Os partidos comezarán ás 16.30 horas e disputaranse nas categorías infantil mixto, xuvenil mixto e sénior feminino.

Agárdase que se xunte preto dun cento de waterpolistas entre os dous equipos, nun encontro co que o club anfitrión pretende fortalecer os vencellos cos equipos do norte de Portugal. Esta é unha iniciativa na que levan traballando toda a tempada, e no que vai de ano xa tiveron xornadas semellantes contra C.N. Povoense e S.C. Spinho.

O obxectivo destes encontros é que os mozos e as mozas collan paulatinamente experiencia, xogando partidos contra equipos que non coñecen; mais tamén procuran usar o waterpolo como pretexto para facer deste día unha grande festa. Así, como peche da xornada, o propio C.N. Pontevedra organizará unha merenda na cafetería do CGTD para fomentar a confraternizaración entre os competidores dos dous equipos.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: