Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
En plena época de cría

ADEGA pide máis control sobre as práticas deportivas agresivas na praia da Frouxeira

O areal da Frouxeira ten previsto acoller o 14 e 15 de marzo un campionato de kite buggy, kite MTB e "carrovelas" organizado pola Asociación Española de Kite Buggy (AEKB).

ADEGA - 20:34 03/03/2009
Tags:

A praia da Frouxeira-Lago conta con numerosas figuras de protección: Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e LIC Costa Ártabra, da Rede Natura, Humidal Protexido, Humidal Ramsar e IBA (Important Bird Area) e conta varios taxóns ameazados: a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), vulnerábel; o coleóptero Eurynebria complanata, en grave regresión; ou a herba becerra (Anthirrinum majus linkianum) en perigo de extinción, entre outros. O "campionato" coincide tamén co inicio da reprodución da píllara. ADEGA pide á administración severos controis, mesmo a suspensión, se non pode supervisar in situ o evento para garantir a integridade do contorno.

En ocasións anteriores, competicións similares foron suspendidas polo forte impacto que causan nos ecosistemas dunares e por coincidir coa época de reprodución da píllara das dunas. Dende hai uns anos, os practicantes destes deportes aproveitan a baixamar, tanto de día como de noite, para percorrer sobre todo a zona SW da praia, xusto a máis querenciosa como zona de descanso e alimentación das charadriformes invernantes. Ademáis, algúns destes trebellos tamén poden desprazarse pola area seca no supralitoral, coa perturbación que iso supón para as píllaras das dunas, que agora comezan o seu ciclo reprodutivo.

Malia ás "medidas de protección" habilitadas este ano pola organización, ADEGA solicita á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que supervise in situ o evento, dispoñendo o persoal especializado e as medidas de control pertinentes para salvagardar os valores naturais do contorno. En caso contrario, solicitamos a suspensión deste "campionato": non pode deixarse a xestión das especies protexidas e en perigo de extinción a colectivos privados como clubes deportivos, ou asociacións de cazadores (como no caso da arcea e a agacha)


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: