Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
CONSECUENCIAS DAS ELECCIÓNS

Madrazo pon o seu cargo a disposición de EB

Tanto el como o secretario de organización de Ezker Batua, Serafín Llamas, asumen a responsabilidade dos malos resultados acadados o 1M.

Redacción - 17:30 04/03/2009
Javier Madrazo

Javier Madrazo

O secretario de organización de Ezker Batua, Serafín Llamas, compareceu este mércores en Bilbao para anunciar aos medios que tanto el como o coordinador xeral do partido, Javier Madrazo, supeditan o seu futuro dentro da organización ao que decida ao respecto a dirección da mesma. Os dous dirixentes políticos transmitirán persoalmente a decisión á presidencia de EB, na reunión do vindeiro luns, e farán o propio o venres 13 ante o máximo organismo de decisión do partido: o Consello Político.

Llamas dixo que tanto el como Madrazo asumen "todas as nosas responsabilidades tanto no desenvolvemento das eleccións como, loxicamente, nos seus resultados". Estas reaccións débense á caída de EB nos comicios do pasado domingo, xa que perdeu case o 40% dos seus votos con relación aos do 2005, baixando de tres a un só deputado no Parlamento Vasco.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: