Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SATISFEITOS COA EDICIÓN 2009

O Dakar 2010 volverá a Arxentina e Chile

A organización do rally anunciou que a vindeira edición repetirá escenarios, saíndo de Bos Aires o día 2 de xaneiro.

Redacción / Europa Press - 14:24 03/03/2009
Dakar 2009

Dakar 2009

Os organizadores do rally Dakar anunciaron este martes que a edición do 2010 correrá por Arxentina e Chile, igual que fixera a do 2009. A vindeira edición comezará o dous de xaneiro, en Bos Aires, e rematará o día 17 na mesma cidade despois dun percorrido que aínda non está determinado.

Ademais, o rally servirá para dar a saída aos festexos cos que se celebrarán os 200 anos de independencia destes dous países. Malia que había voces entre os adeptos ao Dakar que apostaban pola volta ao territorio africano, os organizadores decidiron ficar en Latinoamérica ao ter en conta "a riqueza das súas terras, o desafío aceptado polos competidores e o entusiasmo do público" durante a última edición.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: