Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DOUS TÍTULOS NUNHA SEMANA

O fútbol sala galego ten por diante un futuro de ouro

O Lobelle gañou a copa estatal de xuvenís, só unha semana despois de que a Irmandiña se coroara como a mellor no campionato sub-20.

Redacción - 18:00 02/03/2009
O capitán do Lobelle, Petete, brinda a copa aos seus compañeiros

O capitán do Lobelle, Petete, brinda a copa aos seus compañeiros

Os xuvenís do Lobelle salvaron a honra do equipo compostelán na copa de fútbol sala que se celebrou a pasada fin de semana en Granada que tivo a súa versión sénior e júnior. Os maiores perderon na primeira rolda fronte ao mellor equipo do mundo, o Inter Movistar, mais detrás quedaban os cativos, que parecen dispostos a constituír un relevo fiable para os Alemao, Manu e compañía que, sen demorarse moito, terán que ir deixando vagas para os novos no equipo.

O Lobelle xuvenil xogou un grande partido contra o Barcelona, que partía de favorito pero non puido manter a vantaxe de cinco goles a catro coa que entrou no último minuto. Os composteláns empataron a escasos segundos do final, provocando así que o partido se decidira por penaltis. Foi nese momento cando emerxeu con forza a figura do porteiro Frois, que rematou sendo elixido mellor xogador da final.

Campionato sub-20 de seleccións
Este título pecha unha semana pletórica do fútbol sala emerxente no país que abrira oito días antes a Irmandiña sub-20 cando gañou o campionato estatal. Fíxoo despois de impoñerse por cinco goles a dous á selección de Castela e León na final, xogada no pavillón compostelán de Santa Isabel.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: