Persoas colaboradoras de Vieiros, expertas e representantes de medios de comunicación do país, de Euskadi e de Cataluña, expresan de viva voz a súa opinión sobre as eleccións.
De Olga Castro a Rafael Cuíña, pasando por Eduardo Rego ou Rosabel Candal. As persoas que opinan para Vieiros sobre os resultados electorais amosan a súa sorpresa por unha participación histórica que rachou o tópico de que unha alta abstención lle favorece á dereita. Tamén consideran que a cidadanía castigou un goberno bipartito que non cumpriu con todas as esperanzas depositadas nel.
Por outra banda, tamén observan que o Partido Popular segue a manter consolidadas as súas estruturas de poder, ou mesmo que no país non existe unha esquerda. Dende Cataluña e Euskadi vese a vitoria do PPdeG como unha ameaza ao sentimento nacional de Galiza.
Escoite estes comentarios no especial 1M ao vivo.