A viceconselleira de interior do goberno vasco, María del Yermo Urquijo anunciou unha participación do 48´8% ás 17 horas.
Os índices de participación Euskadi reflicten, igual que en Galiza, un aumento con respecto aos datos da mesma hora de fai catro anos. No caso das eleccións vascas o aumento é un pouco menor, rexistrando ás 17 horas unha participación do 48,8% fronte ao 48,6% de fai catro anos. Os datos foron presentados pola viceconselleira de interior do goberno vasco, Maria del Yermo Urquijo, que anunciou tamén que as provincias máis votada é Biscaia, cun 50,94%, fronte ao 46,04% de Guipúscoa.
Xornada axitada
A Ertzaintza está tendo unha xornada movida en toda Euskadi xa que, segundo informou a propia viceconselleira do interior, o organismo policial vasco abriu dilixencia contra 47 persoas por diversos motivos. De estas 47 casos ten especial relevancia o de catro persoas que foron detidas, acusadas de estar implicadas en incidentes como perturbar as votación ou levar a cabo actos de promoción de candidaturas ilegalizadas.