Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Case un punto por riba

A participación nas eleccións vascas supera a rexistrada en 2005

No mediodía tiñan votado o 17,1% dos electores en Euskadi, un 0,9% máis que á mesma hora nos comicios de hai catro anos.

Redacción - 15:00 01/03/2009
Gráfico de participación en Euskadi

Gráfico de participación en Euskadi

Ao contrario do que aconteceu en Galiza, en Euskadi a participación ao mediodía era maior que a rexistrada ás mesmas horas en 2005.

As 12h00 deste domingo tiñan votado o 17,1% dos electores, o que supón 0,9% puntos máis que nas eleccións de 2005. Estes primeiros datos foron expostos pola viceconselleira vasca de Interior, María del Yermo Urquijo, quen compareceu ás 13h00 en Gasteiz. A participación ha baixou en Guipúscoa e subiu, sobre todo, en Biscaia e un bocado en Álava.

Varios incidentes destacados durante toda a mañá
Tamén, ao contrario do que acontece en Galiza, a xornada electoral transcorreu, durante toda a mañá do domingo, con algúns incidentes en Euskadi, protagonizados, sobre todo, por membros da esquerda abertzale que, cómpre lembrar, foron excluídos polo goberno español destas eleccións. Segundo Interior, pouco antes das 10h00 foron identificadas e abríronse dilixencias contra 13 persoas, acusadas de increpar os candidatos Izaskun Bilbao (PNV), Patxi López (PSE) e Javier Madrazo (EB) no instante no que estes acudían a votar. Outras tres persoas foron identificadas en Eibar por increpar e perturbar a votación dun concelleiro del PSE de Hondarribia. Ademais, detívose unha persoa en Donostia por colocar papeletas da candidatura ilegalizada de D3M nun colexio electoral.

Un arresto similar producise en Urnieta, aínda que neste caso a persoa detida, que levaba estas papeletas, atopábase no exterior do colexio electoral. Alén disto, outras 23 persoas foron identificadas por perturbar a orde da votación, portar distintivos de D3M ou tratar de distribuír papeletas desta formación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O actual lehendakari, Juan José Ibarretxe, no momento de votar / Imaxe: Deia
O actual lehendakari, Juan José Ibarretxe, no momento de votar / Imaxe: Deia
O candidato a lehendakari do PSE, Patxi López, que foi increpado ao chegar ao colexio electoral / Imaxe: Deia
O candidato a lehendakari do PSE, Patxi López, que foi increpado ao chegar ao colexio electoral / Imaxe: Deia
Varias persoas foron detidas por tentas introducir nos colexios electorais papeletas de D3M
Varias persoas foron detidas por tentas introducir nos colexios electorais papeletas de D3M