Varios interventores do PSdeG néganse a falar co presidente provincial do PPdeG en Ourense, ao tempo que lle recriminan o seu xeito de actuar durante a campaña.
Baltar, saudando a Feijoo
Outra das noticias que máis chamaron a atención este domingo a pé de urna foi a negativa de varios interventores e militantes do PSdeG en Ourense de negarlle o saúdo ao presidente provincial, Xosé Lois Baltar. Un deles foi o segundo interventor dos socialitas no colexio electoral do CEIP Manuel Sueiro, que se negou a falar con Baltar e increpouno, solicitándole que "moderase a súa linguaxe". O interventor referíase ás declaración nas que o presidente provincial insultaba o actual conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez (PSdeG).
Segundo explicou o propio Baltar á saída do colexio electoral el "simplemente" lle contestou "que a súa misión como interventor non é esta, que el non está aquí para dirixise a min", senón para "coidar que se sigan as normas na mesa", sinalou. Ao tempo, Baltar asegurou que, ao ir saudar a outros interventores, estes "non lle deron a man" e rexeitaron o seu saúdo, cousa que o popular ve como unha proba "do talante, do nerviosismo e da situación que se vive aquí", sentenciou.