Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
FIN DA CAMPAÑA ELECTORAL

A FPG aposta pola superación do actual marco xurídico-político

O partido que presenta a Méndez Ferrín como candidato á xunta pechou a súa campaña cun acto celebrado en Cangas.

Redacción - 23:47 27/02/2009

A FPG pechou a campaña anunciando que "chegou o momento de erguer unha nova estrutura nacional, popular democrática, e plural". O partido que lidera Méndez Ferrín desmarcouse dos tres partidos con representación parlamentaria por "non ser quen de asumir as profundas necesidades da clase obreira, do campesiñado, da xente nova e da intelectualidade comprometida". A formación independentista volveu facer un chamamento á base social nacionalista para que aposte por unha forza que aposta sen complexo pola autodeterminación e polas políticas de esquerdas.

Celebraron o último acto da campaña electoral nun acto celebrado na casa da cultura de Cangas onde falaron Anxo Angueira, Moncho Fernández, Paula Fernández, Mariano Abalo e o candidato á presidencia da Xunta, Xosé Luís Méndez Ferrín.


4,22/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: