O roteiro será guiado por un membro da asociación e partirá ás 10:30 h. do sábado 28 do aparcadoiro da Lagoa de Orbenlle percorrendo un itinerario de tipo circular que comezará e rematará no mesmo punto tendo prevista a súa finalización en torno ás 13:30 h.
O Punto de información Ambiental das Ribeiras do Louro está situado na Lagoa de Orbenlle e abrirá de 10:30 h. a 13:30 h., contando tamén cun membro da asociación que informarará ós /ás visitantes dos valores naturais que alberga esta zona.
Ambalasdúas actividades realizaranse os derradeiros fins de semán de cada mes durante todo o 2009.
Ademais, este ano Verdegaia oferta a posibilidade ós colexios de realizar actividades con escolares nas Ribeiras para que os/as máis cativas coñezan os interesantes valores deste espazo natural. O prazo de inscripción para os colexios abrirase a partires do mes de marzo e as actividades serán gratuitas para os centros educativos.
Todas estas actividades contan cunha axuda da Consellería de medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Para máis informción: Jose Crespo (678 986 676).