A cifra total descendeu de 44 mil a 34 mil, o que se interpreta como un indicador de que o 1 de marzo pode rexistrar unha baixa participación.
Algo máis de 34 mil persoas residentes en Galiza e no resto de España exerceron o seu dereito ao voto por correo para as eleccións do 1 de marzo. En 2005 os votos por correo superaron os 44 mil. Este descenso de 10 mil votos (case un 25% menos) pode ser un indicador de que o domingo a participación vai ser inferior á de hai catro anos. En 2005 A Coruña (con 16 mil) e Pontevedra (con máis de 12 mil) encabezaron as cifras de voto por correspondencia; Lugo e Ourense sumaron ao redor de oito mil cada un.
Polo de agora case 30 mil deses votos xa chegaron ao seu destino, e os catro mil restantes atópanse en tránsito. Dos que xa chegaron 9.993 corresponden á Coruña, 4.771 a Lugo, 5.789 a Ourense e 9.152 a Pontevedra. Polo tanto, os principais descensos corresponden ás dúas provincias do norte do país.