Ao longo de dúas semanas o director de Edicións Positivas e coordinador da delegación galega na Feira contounos o que alí se cocía.
O stand de Galicia hai veces que é un fervedoiro de propostas. Son moitos os proxectos que caen polo nos espazo da FIL. Algún hase de realizar, a maioría non. E axiña se percibe que Galicia comeza a ter uns asiduos visitantes, que agardan a nosa visita anual para mercar libros, falar, propoñer. Paco Macías foi relatando, día a día, a actividade que a delegación galega desenvolveu na Feira Internacional do Libro da Habana. O ano pasado Galiza foi a gran protagonismo, e nesta ocasión, malia ao tamaño máis modesto do stand e do grupo de persoas desprazado a Cuba, o labor foi moi proveitoso.
A Habana é unha das portas de toda América Latina para o libro galego. Unha feira que non ten a importancia comercial doutras, pero que constitúe unha referencia para todas as demais. Guadalaxara, Bos Aires, a Bienal brasileira... Macías escribía nunha das súas crónicas, ao remate dunha xornada de traballo na Feira: Imos cear a un restaurante desde o que se ve un inmenso Cristo nun outeiro. Na carta ao pan chámanlle 'pan gallego'. E ao noso lado está o presidente do parlamento cubano, Calderón. O restaurante é moi normaliño. Chámase La Barca. Pode que por iso fose alí Calderón. Está a cear cunha parella brasileira. A el, polo coche que o vén buscar, descúbrolle un cargo no goberno de Lula. E alí estabamos nós, ao lado do mundo hispano e do lusofono. Deixámolos marchar, unha vez máis. Pode que o silencio sexa o son do tempo que non pasa. Pode Pero a próxima vez romperémolo. Seremos valentes e dirémoslles que nós somos o único pobo do mundo que os podemos entender aos dous.
Rumba dos trinta (16 de febreiro)
O son do silencio (17 de febreiro)
ALT+164 (18 de febreiro)
Nin moito acó nin moito aló (19 de febreiro)
De reunión en presentación (21 de febreiro)
Telegrafando a abundancia (25 de febreiro)
Inventar e loitar (27 de febreiro)