Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
PRÓXIMA LEXISLATURA

O colexio de Telecomunicacións presenta un decálogo do sector

O órgano profesional exíxelles ás persoas que gobernen o país dez propostas para acadar o desenvolvemento das novas tecnoloxías.

Redacción - 13:45 27/02/2009
Ramón Bermúdez de Castro, decano do COETG

Ramón Bermúdez de Castro, decano do COETG

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), que ten como decano a Ramón Bermúdez de Castro, elaborou o Decálogo das Telecomunicacións, un documento que recolle as súas principais propostas en materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para a vindeira lexislatura.

1) Conseguir que Galiza sexa a sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións, o que supoñería a nosa presenza no mapa mundial das Telecomunicacións.

2) Crear unha unidade de alto nivel das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, cunha consellaría con competencias exclusivas.

3) Incorporar os proxectos TIC ao mapa de infraestruturas. Optimizar as redes de comunicación a través de infraestruturas asociadas ás redes viarias.

4) Despregamento de redes de telecomunicacións, de telefonía móbil e de banda larga a todo o pobo galego.

5) Servizos: fogar dixital e TDT. Promoción da calidade das infraestruturas e equiparación dos servizos no rural e nas áreas urbanas.

6) Formación dixital e concienciación da sociedade sobre a importancia das TIC.

7) Impulso á e-Administración. Situar as administracións do país á vangarda nestes servizos.

8) Manexar as TIC como ferramenta chave para acadar o desenvolvemento sustentábel.

9) Crear un Plano Estratéxico Galego das Telecomunicacións e da Sociedade da Información viábel e un observatorio de seguimento do mesmo.

10) Desenvolvemento e potenciación industrial das TIC para acadar unha industria propia moderna e competitiva.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: