O congreso, que se celebra no Centro Social Caixanova (Avenida da Mariña), busca afondar na obra e na figura de Jenaro Marinhas del Valle, seguramente o piar máis importante do teatro galego do século XX, e que foi apartado do centro do sistema cultural pola súa activa militancia política e lingüística. Ademais dos relatorios e conferencias, entre o xoves e o sábado realizaranse outras actividades públicas; por exemplo, un roteiro pola cidade recuperando todos os lugares e ámbitos pertencentes á tradición galeguista e inauguración dunha placas na súa casa.
O congreso comezará o xoves ás catro e media da tarde, nunha sesión na que intervirán, sucesivamente, Pablo González Mariñas, Maria do Carmo Henriquez Salido, Joel Rodrigues Gomes, Aurora Marco e Ernesto Vazquez Souza.
O venres será a quenda de Manuela Ribeiro Cascudo, Isaac Alonso Estraviz, António Gil Hernandez, Henrique Rabunhal, Felipe Senén, Maria J. Lourenço Modia e Pedro Fernandez Velho. Xapola tarde, os participantes serán recibidos por unha representación da corporación municipal coruñesa, e a partir das cinco e media realizarase o roteiro guiado pola cidade.
Finalmente, o sábado o congreso pecharase coas intervencións de José Maria Monterroso Devesa, Pilar Garcia Negro, Fernando Vázquez Corredoira, Martinho Montero Santalha e João Guisan Seixa.