Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CATEGORÍA NON OLÍMPICA

Antón Paz volve desfrutar da vela, agora na Platú 25

O campión olímpico competirá na mesma embarcación ca seu irmán Carlos nunha proba que está considerada un aperitivo do campionato estatal.

Redacción - 13:00 26/02/2009
Antón Paz, durante os pasados Xogos Olímpicos en Beixín

Antón Paz, durante os pasados Xogos Olímpicos en Beixín

Esta fin de semana dispútase na localidade española de Marbella a primeira edición da Copa de Platú 25, unha modalidade de vela non olímpica. Nesta competición estarán dúas embarcacións galegas: o Tuypan Caixanova, con Alberto García e Marcos Pérez; e o Vilagarcía, dos irmáns Paz. No último barco navegará Antón Paz, que despois de ser campión olímpico e mundial na clase tornado ao lado de Fernando Echávarri está nunha fase de reorientación da súa carreira deportiva, tomando contacto con diferentes modalidades da vela.

Os principais rivais dos galegos para a vitoria final serán o Bribón, de Marc de Antonio; o barco La Revoltosa, patroneado por Axel Rodger; o Renault de Iñaki Castañer. A competición comeza o venres ás 12 da mañá e está previsto que se disputen 9 regatas, sendo obrigatorio que se celebren polo menos dúas para que a proba teña validez.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: