Baltar anunciou unha querela contra Manuel Vázquez, que o acusou de obter favores de Caixanova.
O presidente do PP de Ourense, Xosé Luís Baltar, asegurou este mércores que vai acudir aos tribunais para interpoñer unha querela criminal contra o cabeza de lista do PSdeG por Ourense, Manuel Vázquez. O aínda conselleiro de Medio Ambiente, insinuou horas antes que Caixanova lle perdoou unha débeda de máis dun millón de euros a Baltar cando Luis Carrera era directivo desta entidade.
Baltar considera que as declaración de Vázquez se deben a que está “moi nervioso porque vai perder o traballo o día 1”. O conservador non dubidou en recomendarlle ao socialista “que mereque un antihistamínico e que o meta no peto porque ten tanto veleno que vai morder a lingua e pode quedar morto automaticamente”.