Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
COPA DE FÚTBOL SALA

Ao Lobelle tócalle este venres a meiga

O equipo que adestra Tomás de Dios comeza a Copa contra o Inter Movistar, actual líder da liga e gran favorito á vitoria final.

Redacción - 12:30 25/02/2009
Nova vestimenta do Autos Lobelle F.S.

Nova vestimenta do Autos Lobelle F.S.

O Lobelle será este ano o único representante galego na vindeira edición da Copa de fútbol sala, onde nos últimos anos estabamos habituados a ver tamén ao Ázkar de Lugo. Os composteláns viaxan este ano sós e, ademais, non o van ter fácil xa que no partido de cuartos de final enfróntanse ao gran favorito ao título: o Inter Movistar. O partido xogarase o venres ás 19.00 horas e Tomás de Dios só ten para o encontro a baixa do canteirán Pola.

O adestrador compostelán foi realista ao falar do seu rival, e afirmou que "é case imposíbel superalos, pero temos que agarrarnos a ese case". Malia ser comedido nas súas palabras, Tomás de Dios quixo animar a xogadores e seareiros, e asegurou que "superamos moitas adversidades esta tempada e este venres imos ser un grande equipo".

Torneo de xuvenís
De xeito paralelo ao torneo oficial disputarase un no que participarán os equipos xuvenís dos oito equipos que compiten na copa. O torneo dos equipos sénior comeza o xoves ás 19.00 horas co partido entre o ElPozo Murcia, actual campión, e o Carnicer Torrejón. A final xogarase o domingo ás 18.30 e será retransmitida en directo pola segunda canle da televisión pública estatal.

Os composteláns estrean vestimenta
Durante a competición o Lobelle usará unha nova camiseta, de cor negra e con pequenos detalles laranxa. Coa elección destas cores o equipo compostelán amosa o seu agradecemento ao seu novo patrocinador, cuxo logo está confeccionado coas cores negro e laranxa.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: