A última académica da nosa lingua resume os pasos que o próximo goberno debe estabelecer para mellorar a saúde da cultura galega.
Margarita Ledo, académica da lingua galega
Margarita Ledo centra na creación dun plan xeral de cultura as medidas que o vindeiro goberno debe introducir no eido da cultura do país. Ademais, engade un par de exemplos de medidas que debería recoller este plan, sendo estas tres as súas propostas finais:
"1. Facer un plan xeral de cultura que recolla todas as expresións, e tamén as condicións necesarias para convertelas en
expresións culturais recoñecíbeis dentro da nosa sociedade. Este é un primeiro paso fundamental, o primeiro que debe facer o seguinte goberno para encaixar as pezas coas que xoga. Hai que ver o que temos e aquilo que necesitamos crear ou reformar. En base a isto creariamos os elementos estruturais que contribúan á produción e posta en circulación, tanto en Galiza como no exterior, da cultura galega.
2. Establecer os medios de comunicación, especialmente os públicos, como o escenario principal á hora de estruturar a actividade cultural galega. Non podemos permitir máis que a cultura de comunicación sexan un elemento residual nos medios.
3. Crear unha política integrada para o cine que recolla as medidas a tomar a nivel industrial e tamén de creación."