Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Evitan a fusión do virus

Descobren anticorpos humanos modificados que protexen as persoas de doses letais da gripe

Tamén están preparados para combater a perigosa gripe aviar. O estudo, feito nun instituto de Boston, sería o primeiro paso na obtención dunha vacina "universal".

Redacción - 13:30 24/02/2009
Tags: gripe vacina
Capa da revista Nature na que se publicou o estudo

Capa da revista Nature na que se publicou o estudo

Investigadores do Instituto Dana-Farber para a investigación do Cancro de Boston, EUA, modificaron anticorpos humanos que protexen os animais de doses letais de múltiples cepas do virus da gripe, entre elas o virus H5N1 da perigosa gripe aviaria, e a chamada gripe española. Os resultados do estudo publícanse esta terza feira na revista Nature Structural & Molecular Biology.Tras enfermar ou ser vacinado, normalmente o organismo produce anticorpos para protexerse dun futuro ataque da gripe, mais estes anticorpos adoitan neutralizar só a mesma variedade de virus que causou a infección.

Unha vacina "universal" da gripe
Nesta investigación, os científicos dirixidos por Wayne Marasco seleccionaron de entre 27 mil millóns, un amplo rango de anticorpos neutralizadores dunha proteína da gripe chamada hemaglutinina, que fixa o virus ás células que infecta, promovendo a fusión viral. Porén, estes anticorpos modificados evitaron a fusión viral que invadiría a célula, ao recoñecer unha rexión da hematoglutinina que non é moi visíbel ao sistema inmune, e que non amosa unha gran variabilidade entre as cepas de virus. Deste xeito, os anticorpos puideron unirse a oito dos 16 tipos de hematoglutinina da gripe avaliados.

Os ensaios clínicos demostran que estes anticorpos non producen danos no organismo dos seres humanos, polo que poderían conducir ao desenvolvemento dunha vacina contra a gripe que non tería que ser mudada cada ano, unha caste de prevención "universal". O estudo non pode aportar aínda resultados certos, mais dálles aos investigadores un concepto interesante para seguir traballando con este "virus con calcañar de aquiles", tal como o definiu o Dr. Peter Palese, investigador do Mount Sinai Medical School.


4/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: