Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RECOÑECEN O LABOR DE MULLERES NA EMIGRACIÓN

Xa se pode votar para elixir os premios 'Rosalía de Castro' e 'Virxinia Pereira'

Son candidatas Maricarmen Araujo, Clotilde Iglesias, María Rosa Lojo, Silvia Brun, Maite Michelón, Stella M. Latorre, Maria Gonzalez, "Pepita" Sabor ou Pilar Jeremías.

Redacción - 12:30 25/02/2009

Os premios da asociación Herbas de prata agradecen a loita das mulleres galegas na emigración por algunha causa nobre e teñan unha relación directa con Galiza. Este premio ten dúas versións, como son o Rosalía de Castro e o premio Virxinia Pereira, e ambas serán entregadas con motivo do Día Internacional da Muller, no Centro Noia Rianxo, o día 8 de marzo ás 22.30 horas.

O premio Rosalía de Castro consiste nunha roseira para a persoa homenaxeada e ofréceslle a aquelas persoas que levaron a súa loita á vida pública, sendo as candidatas Maria del Carmen Araujo Baliñas, Maria del Carmen Araujo Baliñas, Clotilde Iglesias, María Rosa Lojo, Silvia Brun, Maite Michelón, Stella Maris Latorre, Maria Gonzalez Rouco, Josefa "Pepita" Sabor e Pilar Jeremías Cela. Por outra parte, o premio Virxinia Pereira pretende facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado, contribuíron ao desenvolvemento dos seus e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega. O premio está representado por unha cameleira e as candidatas a el son Olga Alvarez,Adriana Posse e a señora Eladina.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: