A presidenta de Amigos da Terra fai unha serie de propostas ao partido que goberne o destino do país durante a vindeira lexislatura.
Judith Sing
Judith Sing resume nos seguintes oito puntos as medidas que considera necesarias para mellorar na conservación do medio ambiente, que están integradas nun programa de reclamacións adscrito por varias organizacións ecoloxistas:
1. Poñer en funcionamento medidas que contribúan a reducir as emisións de gases do efecto invernadoiro até un 20% no ano 2020.
2. Apostar polo aforro enerxético e a administración. Aquí é importante que a administración dea exemplo.
3. Rexeitar os tranxénicos e promocionar a agricultura ecolóxica.
4. Fortalecer a cooperación internacional no respecto ao medio ambiente.
5. Descartar do plan de residuos de Galiza a incineración.
6. Unha boa educación ambiental que permita á xente entender o que acontece.
7. Frear a perda da biodiversidade.
8. Apostar por unha política de ordenación do territorio que limite o crecemento urbano e respecte a nosa costa.