Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
MITIN DO PSDEG-PSOE EN NOIA

Touriño: "Feijoo ten un gran fondo de armario para disfrazarse de xente moderna e conciliadora"

O candidato socialista recuncou no seu chamamento á participación: "quedar na casa é igual que votar ao PP".

Redacción - 19:45 22/02/2009

Fragmento da intervención de Emilio Pérez Touriño no mitin de Noia

O tema do día eran as enquisas, que apuntan a unha repetición do bipartito liderado por Touriño, pero coa incerteza dun Partido Popular que, cun leve descenso, estaría ás portas da maioría absoluta a unha semana das eleccións. O candidato socialista fixo referencia ás sondaxes: "Todas coinciden en que estamos en condicións de gañar estas eleccións. Pero vou dicirvos unha cousa: Non me conformo con ser Presidente. Quero ter máis votos para darlle un impulso definitivo ao cambio dacordo co que pensa a maioría dos galegos e das galegas". A abstención parece ser o grande inimigo do bipartito, e Touriño non perde a oportunidade de chamar a votar, sobre todo a aqueles que no 2005 apostaron polos socialistas e agora poderían estar pensando en ficar na casa: "Non esquezades ir a votar o 1 de marzo, porque quedar na casa é igual que votar ao PP",

O mitin celebrouse no Teatro Noela de Noia, ante máis de 500 persoas e foi presentado polo alcalde da localidade, Rafael García Guerrero, que afirmou que con Touriño "Galiza é unha nación de primeira". Touriño centrou os seus ataques en Feijoo, de quen dixo, aproveitando que estamos na cerna do Entroido, que "ten un gran fondo de armario para disfrazarse de xente moderna e conciliadora, pero quero lembrarlle, especialmente as mulleres, que o único que fixo foi votar en contra da Lei de Igualdade ou da Lei de Dependencia". Tamén se referiu ao debate televisivo que tivo lugar en Euskadi, e preguntoulle a Núñez Feijoo "por que non foi ao debate da CRTVG", cando o seu compañeiro do Pais vasco si acudiu.

Nunca pasarei polo aro da imposición lingüística
Touriño referiuse ao tema da lingua, sobre o que dixo que "nunca pasarei polo aro da imposición lingüística. A lingua amase e defendese, non se prohíbe. Non quero unha educación doutrinaria, sen imposicións dun lado ou doutro". Finalmente, en relación coa crise económica, o candidato socialista lembrou a súa proposta sobre as pensións non contributivas, e anunciou que seguirá subindo as pensións a pesar da crise, que 400.000 maiores melloraran as súas pensións, e que o complemento autonómico das pensións non contributivas se incrementará nun 50%.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: