Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA EN BERLÍN

Os líderes europeos buscan unha posición común contra a crise

Alemaña, Francia, Italia, España, a República Checa e Holanda preparan o cumio do G20, divididos entre as propostas proteccionistas e as neoliberais.

Redacción - 14:30 22/02/2009

Os líderes europeos reúnense este domingo en Berlín na procura dun enfoque consensuado para deter a crise financieira. Búscase unha posición común para acudir á cimeira do G20 que se celebrará en Londres en Abril. Porén, Alemaña e Francia propoñen solucións ben distintas: Merkel quere abrir e liberalizar aínda máis os mercados e as relacións laborais, mentres que Sarkozy avoga por medidas proteccionistas para frear a crise e reaxir a produción e o consumo. O presidente farncés volveu repetir en Berlín que "o capitalismo necesita ser refundado". Porén, a propia Comisión Europea e a súa presidencia semestral, en mans checas, apostan por medidas liberalizadoras, e advertiron a Francia, Italia e España polas medidas adoptadas para apoiar a industria do automóbil.

O encontro consistirá nunha primeira sesión na que participarán os presidentes cos seus ministros de Economía e nun almorzo de traballo dos xefes de Estado e de Goberno en solitario. A súa conclusión agárdase para as 14:45 horas. Angela Merkel xa recibiu esta mañá ao presidente español, Rodríguez Zapatero e a Pedro Solbes.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: