O Festival Internacional de Cinema de Porto proxectará seis longametraxes e dez curtas de Galiza, cinematografía convidada nesta edición.
Na escolla de Galiza como cinematografía convidada, o Fantasporto tivo en conta o bo momento que está a vivir o audiovisual do noso país con moitas e diversas producións. Nos últimos anos fíxose habitual a presenza de títulos de coprodución galega no cartel do Fantasporto. O obxectivo desta escolma que se vai proxectar en Porto é ofrecer unha panorámica ampla que permita un achegamento á diversidade creativa do noso audiovisual. Na homenaxe do Fantasporto ao cinema galego haberá lugar para actividades paralelas. Destaca a realización de mesas redondas sobre o audiovisual galego-portugués, o papel das coproducións e os festivais na promoción do cinema para o gran público. Galiza será protagonista ademais da sesión de peche do festival.
Fantasporto naceu en 1981 en Porto, e desde entón vense celebrando todos os anos no mes de febreiro. Ao longo deste tempo consolidouse como un dos máis importantes festivais de cinema fantástico de Europa. Ademais da proxección de longametraxes e curtas, no seu programa teñen cabida conferencias, mesas redondas, exposicións, actuacións teatrais, etc.
Programa de proxeccións
Sábado 21 de febreiro, 15.15 h
"O hospital", de Iván Seoane (curtametraxe);
"O espírito do Bosque", de David Rubín e Juan Carlos Pena (animación)
Domingo 22 de febreiro, 17.15 h
"O cerco", de Martiño Vazquez Baño (curtametraxe);
"Eloxio da distancia", de Felipe Vega (documental)
Luns 23 de febreiro, 21.00 h
"A flor máis grande do mundo", de Juan Pablo Etcheverry (curtametraxe de animación);
"A noite que deixou de chover"
Martes 24 de febreiro, 15.15 h
"12007", de Diego Torres (curtametraxe);
"Pedro e o Capitán", de Pablo Iglesias
Martes 24 de febreiro, 19.15 h
Sesión de curtametraxes:
"A revolta dos mousses", de David Gen (animación);
"Auga", de Xosé Antón Perozo "Ozo";
"O pintor dos ceos", de Jorge Morais;
"Santiago de sangue", de Francisco Calvelo;
"Cousas do Kulechov", de Susana Rei.
Mércores 25 de febreiro, 15.15 h
"Rafael", de Xavier Bermúdez
Xoves 26 de febreiro, 23.00 h
"A meiga chuchona", de Pablo Millán (curtametraxe de animación);
"Pradolongo", de Ignacio Vilar