O ministro de Asuntos Exteriores Micheál Martin é o primeiro representante do goberno irlandés que visita a illa.
O goberno irlandés oponse ao bloqueo dos Estados Unidos a Cuba, segundo lle asegurou o ministro irlandés de Asuntos Exteriores, Micheál Martin, ao seu homólogo cubano, Felipe Pérez Roque, co que se reuniu coa intención de estreitar vínculos entre os dous países.
"Irlanda, como parte da Unión Europea, cre que o dialogo aberto é mellor para Cuba e para a súa xente", asegurou Martin, que chegou á Habana o martes na que é a primeira visita oficial dun representante do goberno irlandés á illa.
Ademais, o ministro tamén prometeu 75 mil euros en axuda para paliar os efectos dos furacáns do pasado mes de setembro.