O xornal catalán realizará un seguimento especial dos comicios do 1-M, a través do Especial Electoral Galiza2009.
Cadro de RSS en Vilaweb
O xornal catalán VilaWeb, principal referente informativo da xarxa en Cataluña, realizará un seguimento especial das eleccións ao Parlamento, ligando dende a súa web directamente co Especial Galiza2009 de Vieiros.
Ademais, Ramón Vilar Landeira (director deste diario) manterá unha conversa online cos lectores do periódico catalán, onde responderá as cuestión referentes á campaña electoral e aos comicios do 1 de marzo. Será esta quinta feira, a partir das 13.00 horas.
VilaWeb tamén pon un ollo nas eleccións ao Parlamento de Euskadi, previstos para o mesmo domingo. Neste caso, contará coa colaboración do xornal euscaldún Berria.