Presuntamente deitadas ao mar por embarcacións do exército ruso.
Mil toneladas de combustible presuntamente vertidas accidentalmente ao mar por dúas embarcacións do exército ruso poderían chegar á costa de Wexford (Sureste do país) nos próximos días, segundo a garda costeira irlandesa (Irish Coast Guard). O exército ruso admitiu que dúas das súas embarcacións recargaron combustíbel perto do lugar do accidente (a 80 Km da costa de West Cork) pero negaron ser responsables polo vertido.
Aínda que nun principio se estimaba que o verquido abarcaba 300 toneladas de combustíbel, o departamento de Transporte irlandés agora calcula que se trata de case 1.000 toneladas, tres veces máis do previsto. O goberno irlandés solicitoulle á embaixada rusa en Dublín unha mostra dos combustibles transportados nos barcos para determinar responsabilidades. O combustíbel podería incluso chegar a Gales e a outras zonas da costa británica.