Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

Dépor e Celta empatan nunha xornada marcada polos derbis da 2ªB

A terceira división do fútbol estatal tróuxonos esta xornada os partidos máis destacados: Ciudad de Santiago - Lugo; e Celta b - Deportivo b.

Redacción - 10:45 16/02/2009
Imaxe do partido entre Celta b e Deportivo b

Imaxe do partido entre Celta b e Deportivo b

Os enfrontamentos directos entre equipos galegos marcaron a 25ª xornada do grupo I da 2ª división b. Este domingo o Ciudad de Santiago recibiu ao Lugo no estadio de San Lázaro, mentres que os filiais de Celta e Deportivo xogaron en Vigo un partido que gañou con claridade o Celta b. Nos outros dous partidos da categoría o Pontevedra perdeu en Euskadi, na casa do Real Unión; e o Rácing de Ferrol dou un paso máis na súa loita polo ascenso, impoñéndose na casa á Cultural Leonesa.

O Celta b gañou por dous a cero a un Deportivo b que non soubo aproveitar a vantaxe de xogar media hora cun xogador máis. No municipal do barreiro o porteiro local Yoel foi o gran protagonista ao conseguir evitar o empate do Deportivo en varias ocasións até que, a falta de cinco minutos para o final, Ferrán marcou o gol da sentencia. En San Lázaro, Ciudad e Lugo remataron con empate un encontro moi táctico no que ningún mereceu con claridade a vitoria. O Pontevedra perdeu por un gol a cero un partido igualado contra o líder, o Real Unión de Irún; e o Rácing de Ferrol gañou por dous goles a un contra o segundo clasificado, a Cultural Leonesa, polo que avanza firme cara a loita polo ascenso.

Os ferroláns son os mellor situados da categoría, xa que ocupan a sexta posición a só catro puntos das prazas que dan dereito a disputar a liga de ascenso á segunda división. O resto de equipos están na zona media-baixa da clasificación, apousentados entre a 10ª e a 15ª posición.

Empates de Celta e Deportivo
A xornada non foi boa para os dous colosos do fútbol galego, xa que apañaron cadanseu empate que deixan un sabor agre vendo o decorrer dos partidos. Os coruñeses empataron a cero fronte ao Osasuna nun partido en que os xogadores de Miguel Ángel Lotina dominaron con claridade pero non souberon materializar a superioridade fronte ao equipo vasco, que se adicou a defender con orde e contundencia. O Celta, pola súa parte, volveu deixar que lle empataran e novamente foi o xogo aéreo o punto máis fraco dos vigueses. O equipo adestrado por Pepe Murcia adiantouse no marcador cun gol de David Rodríguez, pero comezou a recuar até recibir o gol do empate e conceder algunha ocasión máis que case deixan os tres puntos na en Tarragona, na casa do Nástic.

O Compostela domina a terceira
No grupo galego da Terceira División o Compostela segue agrandando a vantaxe cos seus perseguidores e agora supera en sete puntos ao segundo clasificado, un Ourense no que os bos resultados mitigan o mal momento económico que vive. Na loita polo ascenso tamén están inmersos Montañeros, Alondras, Santa Comba, Céltiga, Narón ou Cerceda. Por abaixo a cousa segue moi apertada e esta semana as posicións de descenso ocúpanas Portonovo, Rápido de Bouzas e Arousa. Na lea pola salvación están tamén outros equipos como Pontevedra b, Gran Peña ou Órdenes.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: