Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN COMPOSTELA

A Gentalha do Pichel anuncia medidas legais contra o PP se non rectifica as graves acusacións contra a asociación

A asociación cultural desminte as palabras de Conde Roa e subliña que participaron nas protestas contra Galicia Bilingüe de xeito lúdico e pacífico.

Redacción - 12:40 14/02/2009

A asociación a Gentalha do Pichel (Compostela) anunciou que emprenderá accións legais contra o PP  se nos vindeiros días este partido non rectifica as acusacións contra o colectivo. A decisión ten que ver cunhas declaracións do concelleiro Xerardo Conde Roa. O dirixente conservador local, logo dos incidentes na manifestación de Galicia Bilingüe, asegurou que o local social da Gentalha acoubilla a grupos que practican a “Kale Borroka”

Dende a asociación santiaguesa subliñan que participaron nunha mobilización crítica con Galicia Bilingüe pero de forma “pacífica e cívica”. Así lembran que houbo dous actos nos que participaron membros do colectivos cultural: “Bilingüismo Mr. Marshall” (charanga ridiculista) e “Día Internacional do Parvo” (con pancartas que non impediron en ningún momento o transcurso da manifestación de Galicia Bilingüe).

Nun comunicado,  a asociación informa que están rexistrados legalmente dende o ano 2004 e que contan con máis de 200 persoas asociadas.

Poden ler aquí o comunicado íntegro.


4,7/5 (40 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: