Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Breves:

- Convocado o concurso de Camelia. - Peche dos carnavais en S.Miguel de Oia e Candeán. - J.María Carrascal asina o seu libro.

- 20:06 20/02/1999
Tags:

Convocado o concurso da Camelia.

Os días 6 e 7 de marzo, na sala de exposicións da Zona Franca, terá lugar a XXXV edicción do concurso da Camelia.
O certame poderan acudir tanto os profesionais coma os afeccionados e, presentar as flores en calquera das variedades e cooridos que desexen. Tamén poderanse presentar os inxertos realizados nestas flores para obter híbridos.
O gañador obterá a Camelia de Ouro e, para poder participar ten que facer a inscripción no rexistro xeral do concello. A data para presentarse remata o 26 de febreiro.
O concurso esta organizado pola concellalía de Cultura.

Peche do Enrtoido en S.Miguel de Oia e Candeán.

As parroquias de S.Miguel de Oia e Candeán, rematan esta fin de semana os seus Entroidos con actos e festivais.
S.Miguel de Oia enterra o domingo á sardiña, nun acto que comenzará ás cinco e media da tarde e percorrerá diversas rúas da vila. O desfile rematará en Canido e aquí terá lugar a lectura do responso e as derradeiras vontades da finada. A festa rematará cunha tirada de fogos e desfiles de charangas.
Na parroquia de Candeán, os actos comenzarán ás catro desta tarde cunha piñata nas instalacións da Asociación de Viciños.
Un parque de animación infantil para os cativos e concursos de karaoke xunto coa entrega de premios ós mellores disfraces amén dun baile ata a madrugada, pecharán este entroido.


J.María Carrascal asina o seu libro.

O xornalista J.María Carrascal, asinará hoxe exemplares do seu libro "Derradeiros Comentarios: á era Aznar", dende as 12 as 14 horas no departamento de librería do Corte Inglés.
J.María Carrascal chegou onte a Vigo para participar nunha conferencia e posterior coloquio organizado polo Clube Faro de Vigo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: