O secretario xeral de Xóvenes Agricultores asume a supresión das cotas do leite para o ano 2015 e fala de traballar para chegar preparados a ese momento.
O secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, salienta as mudanzas que, segundo o seu punto de vista, a administración correspondente debe tratar durante a vindeira lexislatura.
1.Tendo en conta que a supresión das cotas de leite no ano 2015 por parte da Unión Europea é unha realidade, agora mesmo temos que traballar en preparar as explotacións galegas para que podan ser competitivas no futuro.
2.Intentar conseguir indemnizacións para os gandeiros que investiron diñeiro en mercar cota e aínda a están pagando.
3.Tendo en conta o fracaso do intento de creación dun grupo lácteo propio, habería que dinamizar o sector industrial galego para que deixe de adicarse só á produción de leite líquido. Con isto pretendemos que se comecen a producir en Galiza aqueles produtos que ofrecen un maior valor engadido ao seu produtor.
4.Vertebrar o sector, fortalecendo as relacións interprofesionais.