Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tres décadas de luces e sombras

Irán abre a porta ao diálogo con EUA no 30º aniversario do triunfo da Revolución

Milleiros de iranianos saíron ás rúas da capital para conmemorar a data, marcada este ano pola chegada de Barack Obama á Casa Branca.

F. A. - 12:40 10/02/2009
Ahmadinejad, este martes

Ahmadinejad, este martes

O 11 de febreiro de 1979, tan só dez días despois do retorto triunfal do subestimado aiatolá Ruhollah Khomeini dende o exilio de París, os soldados leais á monarquía, depoñen as armas. O primeiro ministro Shapour Bakhtiar, designado polo Sha Mohammad Reza Pahlevi nun último intento de gañar o apoio popular, resigna e desaparece.

A poboación toma as rúas, postos policiais e edificios públicos e embaixadas, logo dos chamamentos de Khomeini para apoiar o goberno provisorio estabelecido por el cinco días atrás. Triunfa a Revolución. O 31 de marzo, segundo datos oficiais, o 99% da poboación referenda a constitución da República, que Khomeini ratifica un día despois.

Luces e sombras

Trinta anos despois, Occidente e Irán seguen a desconfiar un do outro. EUA, que apoiou o Sha e o Iraq de Saddam Hussein con armamento na guerra de 1980-1988, foi especialmente belixerante durante o período de George W Bush. O conflito en Palestina e o programa nuclear iraniano marcaron a relacións co actual goberno de Mahmoud Ahmadinejad, algo que podería mudar coa chegada de Barack Obama.

A nivel interno, a República Islámica trouxo mudanzas especialmente drásticas para as mulleres, a maioría afeitas aos usos occidentais, que foron obrigadas a levar veo e túnicas longas en lugares públicos. Ademais, estudantes e disidentes defenden a organización dun novo referendo, algo que a administración rexeita con firmeza. Porén, e malia o illamento económico, o país goza dunha relativa estabilidade, tamén no eido educativo e científico.

Este martes, milleiros de iranianos cantando lemas contra EUA, marcharon pola capital Tehran, para celebrar os 30 anos do triunfo da Revolución, informa Al Jazeera. Os actos repítense todos os anos, cada 11 de febreiro. No entanto, este ano o aniversario coincide en día 10 no noso calendario xa que no iraniano, é bisesto.

Mensaxe a EUA: Diálogo e respecto mutuo
O presidente de Ahmadinejad afirmou que están preparado para manter un diálogo con Estados Unidos baseado no "respecto mutuo". "É evidente que o cambio real (na Casa Branca) ten que ser de fundamentos e non táctico. É evidente que a nación iraniana lle dá a benvida aos cambios reais", dixo.

"A Revolución trouxo grandes resultados. Durante os últimos 30 anos, Iran foi avanzando. Incrementou a súa velocidade no campo da investigación científica", salientou, e engadiu que as sancións impostas por Occidente impediron "desenvolver" o resultado desa investigación.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Extracto do documental 'A caída dun tirano', sobre a Revolución Islámica, as súas causas e consecuencias (en inglés)

Dúas mulleres pasan por diante dunha imaxe de Khomeini en Teheran
Dúas mulleres pasan por diante dunha imaxe de Khomeini en Teheran
Milleiros de iranianos celebraron este martes a data nas rúas
Milleiros de iranianos celebraron este martes a data nas rúas