Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE 700 FOGARES DERRUÍDOS

Sobe a 100 o número de mortos en Australia

Os últimos datos sobre o incendio masivo que está asolagando Australia convérteno no peor da historia do país.

Redacción - 19:30 08/02/2009

A policía australiana informou de que xa atoparon 84 corpos de persoas que faleceron por mor do incendio masivo que está asolagando o sur-este do país. Ademais, falaron de 700 fogares destruídos por un incendio que ten o seu foco máis activo a só 80 quilómetros de Melbourne. No que se refire ás perdas no patrimonio natural calíbrase actualmente en 30 mil hectáreas de montes e granxas arrasadas. Estes datos convérteno no peor incendio forestal da historia do país, superando as 75 persoas mortas no "mércores de cinsa", no ano 1983.

11.30: A vaga de calor que está afectando ao sudoeste australiano deixou nos últimos días un resultado de máis de 65 persoas mortas e 640 fogares desfeitos, segundo as autoridades locais. O lume está afectando aos estados de Australia do Sur, Nova Gales do Sur e, especialmente Vitoria. As autoridades contan con que o número de mortos siga aumentando cando consigan acceder aos lugares máis afectados polas lapras, na que se considera a peor onda de incendios do país nas últimas décadas.

O país oceánico vive unha das peores pragas de calor da súa historia, con 12 días seguidos nos que as temperaturas superaron os 40 graos centígrados. O goberno xa puxo ao exercito a traballar na extinción dos incendios e o primeiro ministro, Kevin Rudd, anunciou un fondo superior aos seis millóns de dólares para axudar aos afectados.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: