Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
VÍDEOS

Os políticos teñen os seus particulares seareiros no YouTube

O reggaetón de Quintana, a Feijoo Girl e o coche fantástico de Touriño, algunhas das pezas destacadas do portal.

M. del Río - 19:15 04/02/2009

A popularización dos vídeos na internet e, particularmente, do portal YouTube favoreceu que os partidos políticos empecen a facer campaña electoral ou preelectoral con cadansúa canle nese espazo virtual. Porén, ademais da campaña "oficial" hai outra non oficial, desenvolvida por simpatizantes ou detractores que crean as súas curiosas producións audiovisuais, moitas veces inspiradas pola propaganda arredor de Barack Obama.

É o caso das homenaxes musicais aos políticos. Así, unha das últimas incorporacións é o Reggaetón de Anxo Quintana, quizais inspirado no que formou parte da campaña de Obama. Neste caso, o vídeo, que recompila diversas fotografías protagonizadas polo candidato do BNG á presidencia da Xunta, ofrece un discurso de admiración.

A recentemente aparecida no blogomillo "chica Feijoo" presenta un vídeo en homenaxe ao candidato do PPdeG. Aínda que non é ela a protagonista do mesmo, tivo que pasar bastante traballo editando o vídeo da Obama Girl e substituíndo as imaxes do presidente dos EUA polas do seu adorado Alberto Núñez Feijoo.

Por último, Emilio Pérez Touriño conta tamén coa súa propia montaxe. Desta volta, O presidente fantástico fai referencia ao caro vehículo do candidato do PSdeG, aínda que, mirado doutro xeito, o título pode resultar tamén eloxioso. En calquera caso, a serie televisiva dos anos 80 serve de inspiración evidente.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: