O presidente francés reuniuse co Thuram a finais de 2008 e ofreceulle un ministerio que o futbolista rexeitou, sen descartar adicarse á política no futuro.
Liliam Thuram
Segundo confesou este martes o ex-futbolista francés Liliam Thuram, rexeitou hai semanas unha proposta de Sarkozy para dirixir o ministerio de "diversidade". O presidente francés trasladoulle a Thuram esta proposta durante unha reunión que mantiveron a finais do pasado ano, na que tamén estaba presente o principal asesor de Sarkozy, Claude Gueant. O ex-futbolista de equipos como o Parma, Juventus ou Barcelona fixo estas declaracións nunha entrevista concedida ao xornal francés Le Monde.
Thuram confesou que "tivemos unha longa conversa, mais declinei a oferta por razóns obvias". Aínda así deixou unha porta aberta á súa futura participación na vida política, ao afirmar o seguinte: "A política é unha cousa moi nobre que non tolera o achegamento. É preciso comprender as cousas. É o que fago actualmente entrevistándome con xente de distintos horizontes. Se cadra algún día..."
Liliam Thuram foi sempre unha persoa comprometida coa loita polos dereitos humanos das persoas que, tanto en Francia como no resto do mundo, sofre discriminacións en base á cor da súa pel. Ca idea de traballar nesa liña creou a Fundación Liliam Thuram, que ten como principal lema "Só hai unha raza, a humana".