Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

'Invasión' de ministros españois a menos dun mes das eleccións

Este luns aterrou a de Ciencia. No martes é a quenda dos de Cultura e Sanidade e das de Defensa, Fomento e Medio Rural.

Redacción - 12:45 03/02/2009

Á vangarda do desembarco, este luns por Vigo, colocou o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, que inaugurou o Foro I+D+i nos espazos europeos.

Tras dela, un día despois, a artillaría pesada do gabinete do presidente español: Os titulares de Defensa, Cultura, Sanidade, Fomento e Medio Rural e Mariño participarán en varios actos en distintos puntos do noso país.

O responsábel do departamento de Sanidade, Bernat Soria, reúnese de mañá en Compostela coa súa homóloga galega, a conselleira María Xosé Louro. Carme Chacón, de Defensa e César Antonio Molina, de Cultura, asinan ao mediodía un acordo de adquisición por parte deste último ministerio do antigo Goberno Militar, na Coruña.

Pola tarde, en Lugo, a ministra de Medio Ambiente e Medio Rural, Elena Espinosa, presentará o proxecto de acondicionamento do río Eo e a titular de Fomento, Magdalena Álvarez, dará a coñecer o vello proxecto da nova ponte sobre o río Miño, tamén en Lugo.

  • Actualidade electoral do luns:
Advertencias sobre a débeda pública, os freos ao crédito e voto emigrante


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: