Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'CAMINO', TRIUNFADORA DA NOITE

Os actores galegos volven de baleiro dos Goya

'O lince perdido', coproducida pola coruñesa Perro Verde Films, mellor longametraxe de animación.

Redacción - 10:45 02/02/2009

Os xirasoles cegos, o filme de José Luis Cuerda filmado en Ourense, non tivo unha boa noite, e malia ás súas 15 nominacións, só levou un premio. Entre as opcións que perdeu están as dos dous actores galegos candidatos (José Ángel Ejido como actor de reparto e Martiño Rivas como actor revelación), que quedaron sen Goya. A gran triunfadora da noite foi Camino, de Javier Fesser, que acadou seis dos sete premios aos que aspiraba, entre eles o de mellor película, mellor director, mellor guión orixinal e mellor actriz protagonista.

Na categoría de mellor longametraxe de animación, na que tres das catro películas nominadas tiñan produción galega, o premio foi para O lince perdido, coproducida por Perro Verde Films. Na outra categoría na que había opcións para o cinema galego, O ataque dos kriters asasinos (de Sam Orti Martí) non puido acadar o premio de mellor curtametraxe de animación.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: