Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito nos Balcáns

Os partidos etnicistas asinan unha declaración a prol da división de Bosnia

O SDA (musulmán), o SDS (serbio) e o HDZ (croata) pretenden a repartición do territorio en catro entidades, unha delas Sarajevo, que sería distrito federal.

Redacción - 10:45 31/01/2009

O futuro de Bosnia-Herzegovina volve estar no aire logo de que os dirixentes dos tres partidos étnicos, o SDA (musulmán), o SNSD (serbio) e o HDZBiH (croata), maioritarios no parlamento, asinaron o pasado luns en Banja Luka, capital da República Srpska, unha declaración conxunta sobre a reestruturación do país.

Aínda que o Acordo de Paz de Dayton estabeleceu dúas entidades (Federación bosníaco-croata e a República Srpska) e catro niveis da administración, o novo acordo podería conducir á elaboración de catro 'rexións' (bosníaca, serbia, croata, e un distrito federal, Sarajevo) e tres niveis de goberno.

Os partidarios da reunificación do país loitan pola abolición das "entidades", porén os partidos étnicos procuran consolidar a división delimitada pola antiga liña da fronte de guerra. A comunidade internacional aínda non realizou ningunha manifestación ao respecto do sorprendente -polo inesperado- manifesto que cuestiona os alicerces do Estado.

A próxima reunión entre os dirixentes dos tres partidos etnicistas, Sulejman Tihic (Partido de Acción Democrática, SDA), Milorad Dodik (Alianza de Socialdemócratas Independentes, SNSD) e Dragan Covic (Comunidade Democrática Croata, HDZBiH), fixouse para o 23 de febreiro, en Mostar.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: