Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queixas pola contratación de persoal

Máis parentes e amigos á deputación ourensá en tempo preelectoral

O PSOE denuncia que o presidente do ente e líder do PP ourensán semella buscar "axentes electorais" extra coa súa política de contratación.

Redacción - 09:00 29/01/2009

Vintedous porteiros e catro recepcionistas foron contratados para o centro cultural da Deputación de Ourense en apenas dous anos. "E cantas portas ten o centro cultural?" para tanto porteiro, ironizaba este mércores en conferencia de prensa o voceiro provincial do PSOE, Alfredo García. Na mesma liña, os socialistas apuntan a contratación de 16 operarios de limpeza para o Teatro Principal. "Non sabemos o que opinarán os ourensáns da programación cultural do teatro, pero non haberá dúbidas en que ten que estar como los chorros del oro", dixo García.

Malia que non quixo dar nomes concretos, asegurou o deputado provincial socialista que moitas das persoas contratadas de forma temporal os últimos meses son outra vez "fillos de alcaldes, parentes, amigos de concelleiros ou responsábeis políticos do PP". Laiouse así Alfredo García que malia o contexto actual e as propias febles contas da institución provincial, o goberno do ente teime no "descontrol de funcionamento e de xestión do diñeiro público".

Aseguran os socialistas que a Deputación contratou en apenas dous anos unha cifra próxima ao milleiro de persoas, 470 persoas de forma temporal en 2007 e 490 en 2008, nunha actitude que, denuncian, parecería ferramenta para o "control férreo da vontade dalgúns ourensáns á hora de votar" e de "converter estas persoas en axentes electorais do PP". Así, a institución

"Isto é un despropósito e un esperpento porque os mesmos contratados están coaccionados á hora de votar porque non teñen liberdade para votar aos que queiran", denunciou o tamén alcalde d'O Barco, Alfredo García, chamando os cidadáns a "liberárense deste tipo de política" que, advertiu, "afoga a provincia". "Digan basta xa de caciquismo e de utilizar os diñeiros públicos coma se fosen do PP e do señor Baltar", pediulle García aos electores cara ao 1 de marzo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: