Sostén que os tribunais van aclarar todas as presuntas irregularidades acontecidas na sociedade pública.
Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, afirmou este mércores que o presidente de Sogama e o consello de administración da sociedade pública gozan da súa total confianza. Poucas horas despois de que se anunciase a expulsión de dous xefes técnicos da empresa pública por ter manipulado, segundo a carta de despediemento analíticas de vertidos, Vázquez subliña que “está claro que están cambiando as cousas”. O titular de Medio Ambiente asegurou que non lle vai tremer o pulso á hora de "levantar as alfombras"
O conselleiro subliñou que Sogama goza dunha autonomía propia e que agarda que “todo se vaia aclarando” xa que “son situacións do pasado e todos estamos vendo que apuntan a situacións complicadas”. Vázquez sinalou que o feito de que todo o acontecido estea nos xulgados dá “tranquilidade e garantías”.