Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL, TERCEIRA GALEGA

“Marcar goles pode abrir moitas portas”

Conversas con Hugo Soto, dianteiro do Arousa e máximo goleador da terceira división galega, con 17 goles.

Pablo García Martínez - 13:00 28/01/2009
Hugo Soto

Hugo Soto

Ao rematar o ano pasado, o Pontevedra comunicoulle a Hugo Soto que non contaba con el e convidouno a buscar un novo equipo. O dianteiro arousán, que xogaba até entón no filial, decidiu volver á casa e o tempo deulle a razón. Malia que o equipo non está a realizar unha boa campaña, algún bota as mans á cabeza en Pontevedra cando reparara en que Soto lidera agora a lista de goleadores da división na que milita o Pontevedra B. Esta semana cumpriu 23 anos e celébrao atravesando o mellor momento da súa curta carreira deportiva.


Cales son os motivos do gran ano que estás a completar?

Aquí estou máis cómodo e axúdame moito a xente que está ao meu redor.

Malia o teu bo papel, o Arousa ocupa o antepenúltimo lugar e sodes o máis goleado da categoría con moita diferenza. Pensas que é este o principal motivo da vosa mala clasificación?

Si, encaixamos moitos goles e imos ter que mellorar a defensa. Isto é unha cousa dos 11, dende a presión do primeiro dianteiro até o último defensa. Aínda así, eu penso que agora iremos cara arriba.

Que posibilidades cres que che vai abrir esta gran tempada?
Está claro que marcando goles poden abrirse moitas portas, pero aínda é cedo para pensar niso

Pensas que a diferenza de salarios existente entre Terceira e Segunda B está en concordancia coa diferenza de nivel existente?
Non creo que o nivel sexa moito máis alto que en terceira e, si que cobran uns salarios son moito máis altos alí. Aínda así isto dependerá de cada equipo.

Hoxe en día un xogador de Terceira División pode vivir do que cobra do seu equipo?
Haberá xente que si e outros que non. Eu cobro algo menos de mil euros, pero hai xente que cobra máis e tamén moitos que cobran menos. Eu agora compaxino o fútbol coa formación que estou a recibir nunha escola taller de carpintaría.

Pode ser que en moitos casos, máis que os baixos ingresos, o maior problema sexa a formación que deixades de recibir noutro eido mentres xogades ao fútbol?
Eu cando adestraba co primeiro equipo sentíame como un profesional, adestraba coma tal, pero despois non cobras coma un profesional. Moitos teñen que rematar deixando o fútbol porque ás veces chegan situacións nas que non che paga a pena manter esta vida.

Cales son os equipos máis fortes da categoría?
Compostela, Montañeros, Lalín, Cerceda e, se cadra, o Ourense.

E os teus principais rivais na loita polo pichichi?
Ao final da liga van estar aí Felipe, do Cerceda; José Arena, do Ourense; Iván, do Santa Comba; e Barral, do Verín.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: