Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SETE MILLÓNS MÁIS QUE 2005

Case 18 millóns para o deporte galego

Marta Souto anunciou este martes o orzamento co que contará no 2009 o deporte galego, que supera lixeiramente o do 2008.

Redacción - 18:19 27/01/2009
Marta Souto durante a comparecencia

Marta Souto durante a comparecencia

A directora xeral para o Deporte Marta Souto anunciou este martes un investimento de 17,8 millóns de euros para o vindeiro ano, que será asumido pola Dirección Xeral (14.675.000 euros) e a Fundación Deporte Galego (3.130.000 euros). Souto aproveitou para anunciar as liñas de axuda nas que está previsto o traballo para o 2009.

Souto aproveitou a comparecencia para dar un repaso aos datos do deporte galego para o ano 2008, no que se ofreceron diversas axudas a 1.460 clubs, 247 entidades deportivas, 405 deportistas e 268 concellos. A directora xeral agarda ir máis alá neste 2009 e por iso anuncia un aumento do orzamento adicado ao deporte do país que, con estes 17,8 millóns de euros deixa moi lonxe os 11 que se investiron no 2005 conforme ao orzamento que deixara aprobado o goberno anterior

Marta Souto destacou que para este 2009 o órgano que dirixe conserva como prioridades as que se estableceran ao comezo da lexislatura, consistentes no apoio ao deporte feminino, deporte en igualdade, deporte de base e deporte na escola. A directora xeral quixo destacar o programa Londres 2012, que pretende aumentar a participación da seleccións galegas nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: