Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
'VI Copa de España', este sábado en Rodeiro

Caza de raposo: mil escopetas "ao amparo da legalidade"

"Respectamos que a alguén non lle guste, igual que lle pode gustar non comer carne ou casar pola igrexa", afirman dende a Federación Galega de Caza.

Redacción - 10:00 24/01/2009
"Non está excesivamente perseguido"

"Non está excesivamente perseguido"

A Federación Galega de Caza explicou que arredor dun milleiro de participantes se reunirán "ao amparo da legalidade" este sábado en Rodeiro (Deza) para participar na sexta edición da 'Copa de España de Caza de Raposo'.

"Respectamos que a alguén non lle guste, igual que lle pode gustar non comer carne ou casar pola igrexa", razoou o seu presidente, Xosé María Gómez Cortón, que atribuíu as críticas de diferentes grupos ambientalistas a un "debate de crenzas".

Asegurou que Galiza conta coa maior poboación de raposos do Estado debido a que esta especie "non está excesivamente perseguida", e asegurou que que a súa práctica non causa "afectación" ao ambiente.

Ademais, Gómez Cortón recordou que a Fiscalía de Medio Ambiente "nin sequera" admitiu a trámite a denuncia de distintos colectivos para impedir que se organice o torneo posto que, insistiu, o debate é "de crenzas" e non "ambiental ou legal".

Neste senso, diversas asociacións ecoloxistas como Adega e Matar por Matar, Non mobilízanse este sábado dende primeira hora da mañá para "facer ruído", asustar os raposos e evitar, deste xeito, que sexan branco dos milleiro de escopetas chegadas a Rodeiro dende todo o Estado. Máis información ao respecto no Canal Verde.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: