Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

Un recordo da lexislatura?: "a sinatura do acordo social polo emprego", subliña Touriño

Durante a inauguración da canle Touriño.tv, o líder dos socialistas avaliou que nestes catro anos, a Xunta "fortaleceu os servizos públicos básicos que fan un país máis moderno e máis igual".

Redacción - 09:30 23/01/2009

“Estamos tamén apostando por cambiar o modelo económico de país, deixar atrás un modelo de subvencións e de ladrillo para apostar polo territorio, por un modelo de desenvolvemento onde ninguén quede atrás e que se apoie na protección dos nosos mellores recursos, dos nosos mellores valores", salientou Emilio Pérez Touriño durante a súa intervención este xoves a través da rede en Touriño.tv. ao tempo que realizaba un balance "razoábelmente positivo" do seu treito á fronte do Goberno.

“Recuperar a autoestima, o orgullo de país, un valor intanxíbel, pero que vale moito", comentou Pérez Touriño, "e hoxe Galiza ten grandes posibilidades de compartir, de exportar, de avanzar, de estar no mundo", dixo, "esta é a idea que teño e nesta liña temos que seguir, non nos podemos deter, porque este cambio debe continuar".

Touriño aproveitou para defende a iniciativa do executivo diante do escenario económico, destacando que Galiza foi pioneira a nivel estatal no despregue dun plan fronte á crise. “Isto estámolo planeando dende tres grandes grupos de medidas: o primeiro é licitar, bombear e contratar investimento público que serve para capitalizar o país, para manter a actividade de riqueza e compensar a caída do investimento privado”, apuntou o líder dos socialistas e presidente da Xunta. “O segundo bloque de medidas ten que ver con conseguir apoio económico ás empresas, ser capaces de trasladar crédito da banca que chegue á pequena e mediana empresa, ao tecido produtivo do país", indicou.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: