Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

Touriño quéixase a Fomento pola AP9

"Non é de recibo", admitiu o presidente da Xunta e secretario xeral do PsdeG ao respecto dos cortes de vía na autoestrada.

Redacción - 09:00 22/01/2009

"Estou preocupado, e así llo transmitín a Fomento", comunicou o máximo mandatario na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, tras o cal incidiu en que o "comportamento" da concesionaria "non é razoábel, por dicilo con suavidade e prudencia". Emilio Pérez Touriño instou así o Ministerio de Fomento a "seguir enriba" da empresa concesionaria da Autoestrada do Atlántico (AP9) despois de que na xornada do martes as malas condicións meteorolóxicas provocasen o segundo corte da vía nun mes.

"Estas situacións deben ser modificadas porque non é razoábel que pasen", analizou Pérez Touriño, chamando o departamento xestionado pola ministra socialista Magdalena Álvarez a "impulsar as medidas de control necesarias". Fronte ao acontecido na AP9 contrapuxo a situación nas estradas que xestiona a Xunta, que na súa opinión "funcionaron razoábelmente". "Isto non é Suíza nin Alemaña, temos recursos en función da nosa climatoloxía, e aquí non neva 30 días ao ano", argumentou con todo sobre o acontecido.

Por outro lado, comentou tamén o presidente sobre a suxestión do PPdeG de transferir a titularidade da AP9 a Galiza. A ese respecto, Touriño reprochou as "propostas incríbeis" do PP, reprochándolle a ese partido que "non ten máis que unha historia de privatización, de danar o interese xeral e de prolongar a peaxe durante medio século". "Venden a AP-9 e logo din que a comprarán", ironizou Touriño.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: